A achega que realiza a Xunta ao Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) medrará este ano en 100.000 euros. Deste xeito, o centro contará cun investimento autonómico de 300.000 euros, fronte aos 200.000 que viña recibindo desta Institución desde 2005. Os cartos destinaranse á "realización de actividades culturais, didácticas e de difusión". O Partido Popular defendera desde a campaña electoral un incremento nos fondos do museo olÃvico, ao considerar que estaba discriminado fronte ao Centro Galego de Arte Contemporánea. A Xunta achega máis de tres millóns ao espazo compostelán malia a que o MARCO xa o superou en número de visitas.