As débedas afogan o consorcio que sostén a Orquestra Sinfónica de Galicia

A entidade fechou as súas contas de 2023 cun déficit de 813.872 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Orquestra Sinfónica de Galicia. Fonte: Web da OSG

Orquestra Sinfónica de Galicia. Fonte: Web da OSG

Este venres 25 de outubro o Consorcio para a Promoción da Música, que xestiona a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Escola Municipal de Música da Coruña, aproba as súas contas para 2023. Segundo publica o xornal La Opinión, a entidade acabou ese ano cun déficit de 813.872 euros que pon en perigo a continuidade do seu ritmo actual de actividades.

O Consorcio contou en 2023 cun orzamento de 6,65 millóns de euros, logo dun incremento do apoio municipal da Coruña en 250.000 euros e de que a Xunta mantivese a súa achega por riba por 3 millóns de euros desde 2021. La Opinión adianta ademais que a previsión para 2024 é que a achega autonómica se incremente noutros 300.000 euros.

O goberno local coruñés denuncia, no entanto, que a actual situación económica do consorcio é resultado da falta de financiamento acordado co Goberno Autonómico, unha débeda que, segundo o municipio, chega aos 5 millóns de euros.

No informe da intervención municipal sobre as contas, apúntase a necesidade de tomar medidas de contención de gasto, mesmo que iso supoña unha diminución no número de actividades que desenvolve o Consorcio.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, La Opinión

Claves

Entidades