O portugués Miguel von Hafe é o novo director do CGAC

O padroado ratificou a proposta feita polo o comité de expertos

29/9/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Coordinou a área de artes plásticas e arquitectura no ano no que Oporto foi Capital Europea da Cultura, traballa na Fundação Ilidio Pinho de Oporto e, desde hoxe é o director electo do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Miguel von Hafe (Oporto, 1967) acaba de ser ratificado por unanimidade polo padroado do CGAC, logo de que un comité de expertos (presididos por Manuel Borja-Villel, responsable do Museo Reina Sofía) valorara o seu proxecto como o mellor para o CGAC. Na rolda de prensa na que se deu a coñecer o seu nome, Roberto Varela, conselleiro de Cultura apuntou que “non é un candidato estranxeiro” e que o novo director poñerá o énfase na proxecto museístico do centro. Para o conselleiro os seus retos pasan por devolverlle ao CGAC o estatus de centro de arte de referencia internacional e conseguir integrarse na sociedade galega.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

17/11/2009

O novo CGAC

Miguel von Hafe “sería esquizofrénico que na mesma estrutura se creasen dúas entidades (Cidade da Cultura e CGAC) que puideran competir”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Manuel Borja, Roberto Varela, Arquitectura...