Manuel Segade, proposto como novo director do Museo Reina Sofía

Foi comisario xefe do CGAC

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Manuel Segade. Foto: Bea abbad / Wikipedia

Manuel Segade. Foto: Bea abbad / Wikipedia

Manuel Segade (A Coruña, 1977) será o novo director do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), a institución máis destacada do Estado no ámbito da arte contemporánea. Segade foi o candidato mellor puntuado durante o proceso concursal polo que se convocou esta praza e o ministro de Cultura, Miguel Iceta, proporá o seu nome como director do Reina Sofía no Consello de Ministros. Segade é licenciado en Historia da Arte pola USC e foi comisario xefe do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) entre 2007 e 2009. Na actualidade era director do Centro de Arte Dos de Mayo, en Móstoles.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Segade, Museo Reina Sofía, Historia da Arte, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía...