Logo de superar un concurso público e por unanimidade do xurado, o galego Manuel Segade foi escolleito como novo director do Centro de Arte 2 de Maio da Comunidade de Madrid, situado en Móstoles. O xurado recoñeceu a caldidade do proxecto de Segade, "coherente tanto a nivel técnico institucional como de contidos cos obxectivos encomendado ao centro". O director iniciará a nova etapa do centro, aberto hai oito anos, logo da súa experiencia en centros La Casa Encendida, o MUSAC de León ou o seu labor como comisario xefe do Centro Galego de Arte Contemporánea durante dous anos. Precisamente Segade quedara como finalista no último proceso para dirixir o centro compostelán, a só unhas décimas do actual director, Santiago Olmo.