A crise no CGAC agrávase trala dimisión da presidenta do padroado

Seis días antes dimitira outro membro do padroado, Marisa Sobrino

16/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A médica e coleccionista de arte Sofía Santos Pérez dimitiu como presidenta do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea. Santos súmase así á demisión de Marisa Sobrino, catedrática xubilidada de arte da USC, quen tamén demitiu a semana pasada. Sofía Santos non fixo declaracións explicando a súa demisión, pero Marisa Sobrino e a deputada do BNG Ana Pontón protestaron polo proceso de elección de novo director do CGAC e "a deriva" na que atopa o CGAC nestes momentos. No concurso de elección de novo director, os dous candidatos que quedaron nos segundos e terceiros postos, Manuel Segade e Juan de Nieves, protestaron pola baremación dos méritos e a convocatoria de probas, que segundo eles favorece ao candidato Santiago Olmo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Olmo, Manuel Segade, Juan de Nieves, BNG...