A Xunta oficializa os cambios no padroado do CGAC

Sofía Santos substitúe na presidencia a Manuel Fernández de Sousa-Faro

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves os nomeamentos de Sofía Santos Pérez e Luis Sirvent López como nova presidenta e vicepresidente, respectivamente, do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A médica e profesora da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Sofía Santos Pérez, foi nomeada en substitución de Manuel Fernández de Sousa-Faro, ex-presidente de Pescanova que presentou a súa renuncia en novembro de 2012. Desde entón Santos Pérez, que daquela era vicepresidenta, xa asumira de facto a presidencia do Padroado que agora ve consolidada oficialmente. Pola súa banda Luis Sirvent, empresario vinculado ao deseño, ademais de coleccionista de arte, asume o posto que ocupara Sofía Santos. O Centro Galego de Arte Contemporánea celebrou en 2013 o seu vinte aniver4sario.