O CGAC precisa reunir o seu padroado para ratificar a saída de tres membros

Fernández de Sousa, Fernández Gayoso e Jose Luís Méndez renunciaron en 2012

Hai máis de cinco meses que o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, expresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, e o antigo director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez renunciaron aos seus postos no Padroado do CGAC. O primeiro fíxoo o 12 de novembro, e o resto o 10 de decembro, Con todo, cómpre unha vindeira xuntanza do padroado para formalizar esa saída, especialmente destacada porque Fernández de Sousa era ademais o presidente do Padroado. E esa reunión terá lugar cando haxa “suficientes” asuntos. Agora mesmo, asume as competencias do presidente, a vicepresidenta, Sofía María de la Soledad Santos, profesora da Universidade de Santiago.

Foi na penúltima xuntanza celebrada por esta entidade (9 de marzo de 2012), hai máis dun ano, cando se aprobou a programación que o centro mantén a día de hoxe. Unha liña de traballo coa que celebra os seus vinte anos de vida.
Ligazóns