Juan Manuel Urgoiti será o presidente da nova fundación da Cidade da Cultura

O novo responsable foi presidente do padroado do Museo Raíña Sofía

| | Seccións: Sociedade
Compartir:

Juan Manuel Urgoiti, presidente do Banco Gallego e antigo presidente do padroado Museo Raíña Sofía será o coordinador da nova fundación da Cidade da Cultura. Urgoiti explicou a súa confianza en que o complexo "é moi sinxelo de vender". Entre os seu plans está conseguir que o Centro de Arte "sexa universal sen centrarse en escolas nin en lugares" e en "achegar puntos de vista doutras institucións" ao proxecto. Será en setembro, na primeira xuntanza do padroado da Cidade da Cultura, xa coa participación de empresas galegas, que se faga oficial o seu nomeamento.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos