Trala xubilación de Carlos Valle, a Deputación de Pontevedra anunciou a convocatoria dun concurso para cubrir a praza temporal de dirección do Museo de Pontevedra. As bases foron publicadas onte no BoletÃn da Provincial. Será o Deputado de Cultura da deputación quen decida finalmente o candidato idóneo, a partir do informe previo dunha comisión técnica que seleccionará as candidaturas que encaixan nas bases e requisitos da convocatoria. O posto, que terá unha retribución anual de 60.836 euros brutos, deberá ser cuberto por un "funcionario/a de carreira ou laboral fixo/a das administracións públicas do grupo A1 e posuÃr o tÃtulo de licenciatura ou grao en Historia da Arte, Belas Artes ou calquera outra disciplina análoga relacionada coas humanidades ou ben ter unha experiencia profesional acreditada de exercicio profesional de cinco anos nas administracións públicas coa categorÃa correspondente á titulación requirida de Licenciatura ou Grao". Os candidatos deberán redactar un proxecto co seu plan para o futuro do museo no que a Deputación indica dous elementos expresos: "un enfoque transversal de xénero en canto ás coleccións propias, as futuras adquisicións e a programación de mostras temporais. Tamén deberá contemplar a musealización e reapertura da totalidade dos edificios cos que conta o Museo".