A Deputación de Pontevedra convocará un posto para a dirección do Museo

Só poderán optar o concurso persoal funcionario ou laboral fixo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Trala xubilación de Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, a Deputación provincial está a preparar a convocatoria dun posto de dirección para substituílo. Poderán optar ao cargo "funcionarios de carreira ou laborais fixos do grupo AI que estean en posesión do título de Historia da Arte, Belas Artes ou outra disciplina análoga relacionada coas Humanidades". As candidaturas deben vir aconmpañadas dun proxecto de dirección e organización do Museo que "debe incluír o enfoque de xénero de xeito transversal, a posta en valor das coleccións existentes e unha proposta de musealización enfocada á reapertura dos edificios actualmente pechados ao público". A convocatoria sairá oficialmente no Boletín da Provincia de "xeito inminente".

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Xénero, Historia da Arte, Belas Artes...