Agadic convoca un concurso público para elexir ao responsable do Centro Coreográfico

Será por libre designación e o único requisito é que sexa licenciado/a

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Dirixir artisticamente o Centro Coreográfico galego, coordinar a actividade das sedes, decidir o plan de programación e de actividades así como exercer a representación ordinaria do Centro. Estes son algúns dos cometidos que terá que cumprir o futuro responsable do Centro Coreográfico Galego segundo se especifica nas bases que se publican hoxe no web de Agadic. O director/a terá unha retribución bruta de 39.432,89 euros, será elexido por libre designación polo consello de Dirección a proposta do director, Juan Carlos Rodríguez Fasero, e deberá ser licenciado (tal e como consta na Lei de Creación de Agadic). O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles que comezan a contar a partir de hoxe.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Coreográfico Galego, Axencia Galega das Industrias Culturais