Ao longo deste 2010, moitos dos axentes e xestores culturais avanzaron que a crise marcarÃa e condicionarÃa o desenvolvemento da cultura no futuro. Algúns colectivos do sector, como o das artes escénicas, mesmo convocaron congresos e xornadas para facer propostas concretas á ConsellarÃa de Cultura. Sen embargo, Juan Carlos Fernández Fasero, xa anunciou que en 2011 o organismo que dirixe, Agadic presentara un proxecto que substitúe ao Plan Galego das Artes Escénicas. Esta é outra das actuacións previstas para o ano novo.
Se a palabra de 2010 foi crise económica, en 2011 será a redefinición para axustarse ao novo contexto económico. Para iso, algún dos departamentos da consellarÃa de Cultura estiveron destinando o 2010 para coñecer diferentes variables: desde o recurte orzamentario ata as cifras exactas do sector da cultura. A lo menos ese foi o caso de Agadic, entidade que dirixe Juan Carlos Fernández Fasero que presentará a finais de xaneiro o seu Plan Director, o documento que contén as liñas de actuación deste departamento. O contido deste documento non se desvelou aÃnda, pero o propio Fasero avanzou ao longo dos últimos meses algunhas claves. Unha delas será a potenciación da distribución (tanto a nivel de Galicia como no exterior), xa que Fasero asegurou no marco da Feira Galega das Artes Escénicas “que sentido ten apoiar espectáculos que logo non se poden ver?”. Para iso, o primeiro paso foi o cambio do modelo da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que creaba un novo circuito para concellos menores de 12.000 habitantes, asà como mecanismos correctores dentro das contratacións. Outra das liñas dese documento reitor, pasaba pola colaboración con outros departamentos da administración e apoiar sempre actividades de ámbito empresarial. Agadic verá incrementadas as súas competencias ao asumir ámbitos integrados ata o momento na Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura que desaparece da estrutura orgánica da ConsellarÃa de Cultura. No seu lugar estará a nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos. Neste que integra os dous edificios da Cidade da Cultura que abrirán as súas portas o 11 de xaneiro de 2011 (Arquivo e Biblioteca de Galicia).
O audiovisual
A internacionalización é outra das palabras claves doutro dos organismo que no 2011 comezará a andar cunha nova filosofÃa de traballo: o Consorcio Audiovisual de Galicia. O sector audiovisual verá, case dous anos despois do cambio de goberno, unificadas as competencias nesta materia. Haberá que ver como se adscriben nesta entidade consorciada, as liñas de axudas que neste momento mantén a consellarÃa de EconomÃa (a través do IGAPE) e a de Cultura (mediante Agadic) para promoción do talento, produción, distribución do sector audiovisual. No 2010 publicouse un novo decreto para esta entidade, buscouse un director xerente, e está en proceso de resolución o conflicto laboral que fixo que o Consorcio Audiovisual tivera unha actividade moi diluida. Nunha entrevista concedida ao xornal El PaÃs polo seu director-xerente, Anxo Quintanilla aseguraba que a acción do Consorcio inclúe accións de cara a internacionalización, promoción, formación e programa audiovisual nas aulas e, entre as novidades, un circuÃto propio de exhibición do produto galego. En todo caso, haberá que agardar a este 2011 para que a entidade se poña a andar.
Banda deseñada
Outro dos ámbitos nos que haberá novidades será o da Banda Deseñada. Dunha banda, a presenza institucional en encontros minguará. O exemplo máis inmediato é o caso do prestixioso Festival Internacional de Banda Deseñada de Angoulême, onde non está confirmada a presenza galega a nivel colectivo, aÃnda que si se espera que algún autores e editores galegos asistan a tÃtulo persoal. Da outra, a ConsellarÃa de Cultura non convocará o vindeiro ano as axudas á creación de banda deseñada, que será substituÃda por unha de premios. Asà o se expuxo no marco dunha xuntanza sectorial na que responde tamén ás reclamacións sobre o formato que se escollera na primeira convocatoria, que esixÃa unha xustificación de gastos de creación complicada para os autores.
En 2011 debutará a Orquestra de nenos da Sinfónica de Galicia (previsto para Semana Santa) cos que se completa o proxecto musical desta entidade; o fotógrafo LuÃs DÃaz (A Coruña, 1978) será o encargado de retratar o dÃa a dÃa da feira de galerÃas de arte contemporánea máis importante do Estado. E, malia que están anunciados os actos de celebración do centenario do nacemento de Cunqueiro, tamén se cumpren 125 do de Castelao e 75 da morte de Valle-Inclán.