A Mostra das Artes Escénicas agrupa 25 espectáculos de recente creación

Organizada por Agadic, desenvolveuse entre o 17 e 20 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:

Tres escenarios, vinte e cinco espectáculos e cincuenta programadores ou xestores culturais galegos. Estas son as principais cifras da Mostra das Artes Escénicas, un evento organizado por Agadic e que substitúe a unha feira, pero que mantén o obxectivo de dar a coñecer a produción de artes escénicas (entendido teatro, novo circo, maxia e danza). Son os espectáculos que chegarán ao público nos vindeiros meses. O encontro desenvolveuse despois de varios meses de negociacións co sector teatral, que aproveitou as función para denunciar recortes e pedir a dimisión dos responsables de Agadic, Juan Carlos Fasero, e de Cultura, Roberto Varela.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Roberto Varela, Teatro, Feira...