Non é exactamente unha feira e iso sábeo ben Agadic, por iso lle chama Mostra das Artes Escénicas sentenciou Salvador del Río, presidente de Escena Galega na presentación deste encontro a cargo da Axencia das Artes Escénicas. O certo é que este formato de mostra, que substitúe á tradicional feira, foi organizado en tempo récord tras meses de negociación co sector por mor dos recortes orzamentarios. María Paredes, coordinadora de actividades externas de Agadic, presentou o formato que comeza o luns co obxectivo de fomentar a contratación e que contará con 50 programadores e xestores culturais galegos. Vinte e cinco espectáculos conforman a programación que terán dúas modalidades de representación: montaxe completa e unha mostra de menos de vinte minutos (showcases).
A estrutura este ano consiste en once espectáculos completos e, despois dúas showcases (representacións de non máis de vinte minutos): unha delas para espectáculos de teatro e outra para novo circo, danza e maxia explicaba María Paredes, responsable da programación deste encontro. E precisamente este formato é o que non convence aos profesionais, e así o puxo de manifesto o presidente de Escena Galega, Salvador del Río, no transcurso da propia presentación non nos gusta porque parte dun recorte puntualizou. Todos estas montaxes poderanse ver entre o Centro Arteria Noroeste, o Salón Teatro e o Teatro Principal do luns 17 ao xoves 20 de outubro.
Novidades
Ás veces os cambios son necesarios e serven para optimizar asegurou Juan Carlos Fasero, director de Agadic ao anunciar que se elimina o período de bonificiacións (axudas a contratación dos espectáculos programados na feira). Entendemos que o contexto económico é diferente e que hai que racionalizar os gastos, neste sentido fusionamos as bonificacións aos espectáculos contratados na feira coas liñas de axudas a distribución exterior. De tal xeito que se incorporarán como obxecto subvencionable na convocatoria do vindeiro ano.