AGADIC presenta a Mostra que substitúe a Feira Galega de Artes Escénicas

Vinte e cinco espectáculos poderán verse en Compostela entre o 17 e o 20 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As compañías interesadas en participar na vindeira Mostra de Artes Escénicas que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais teñen ata o vindeiro 3 de outubro para se apuntar. AGADIC facía pública hoxe a convocatoria, na que sinala que o evento se celebrará entre o 17 e o 20 de outubro e que no mesmo poderán verse 25 espectáculos. O Salón Teatro, a SGAE/Fundación Autor e o Teatro Principal acollerán as funcións, que achegarán as novidades en teatro, danza, maxia e novo circo. En total, haberá 11 espectáculos completos e 14 en formato showcase, na que os participantes amosarán 20 minutos das obras.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artes Escénicas, Feira, Danza...