Un total de 27 espectáculos, con compañÃas galegas, españolas, arxentinas, de Chile, Francia ou Portugal relanzan o festival Galicreques na súa vixésima segunda edición. O festival internacional de tÃteres celebrarase en Compostela entre o 14 e o 22 de outubro e achegará máis de corenta funcións, entre elas 15 representacións escolares orientadas ao público máis novo a cargo doutras tantas compañÃas. Entre os espectáculos que se poderán ver no evento, estreas como Circo Galaico de TÃteres Alakrán, Os golfiños e o xigante de Fantoches Baj (Premio Barriga Verde de textos para teatro de tÃteres infantil en 2016) ou obras recoñecidas como Vuela Pluma de Periferia Teatro. Larei Lará, Cachirulo, El Colectivo, Zero en Conducta ou Alauda, que porá en escena o seu MacBeth son outras das propostas que participan no festival. A Fundación SGAE, o Teatro Principal, o Centro Sociocultural Santa Marta e diferentes prazas e rúas da cidade acollerán as funcións do programa.
O premio que cada ano outorga a Asociación Barriga Verde, coordinadora do evento, recae nesta ocasión na compañÃa granadina Etcétera, fundada en 1981 e dirixida por Enrique Lanz. Segundo explican desde a organización "o seu traballo caracterizouse por abrir novos camiños tanto na dramaturxia como na posta en escena e a construción das marionetas".
Na nova xeira, a programación escolar prolongarase ao longo do outono con funcións a cargo de Teatro Escena, A la Sombrita, TÃteres Cachirulo e Xarop Teatro entre outros. A sede da Fundación SGAE acollerá estas funcións ata o vindeiro mes de decembro.