Vinte e cinco compañías chegadas de Perú, Arxentina, Xapón, Bélxica, Portugal, o Salvador ou Galicia, subirán á escena en Compostela entre os vindeiros 9 de 17 de outubro no marco do vixésimo sexto festival Galicreques. O encontro internacional dedicado aos títeres ocupará o Teatro Principal, a sede da SGAE na cidade e diferentes centros socioculturais, así como diferentes prazas e a Alameda da cidade. O programa contempla cincuenta funcións que inclúen propostas para todos os públicos, desde espectáculos destinados especificamente ás crianzas ata o Cabaré Galicreques, a partir de doce anos.
O Concello de Santiago acollía na mañá deste seis de outubro a presentación do evento, que conta tamén coa colaboración da Deputación da Coruña e da Agadic. No programa inclúense propostas como O dia em que a Morte sambou de Valeria&Habib, Cinco títeres para unha man de Spaguetti Títeres, A viaxe de Maruxiña de Olga Abad, Body Rhapsody de Hugo e Inés, As xeneralas da Ulla de Títeres Cachirulo ou os títeres portugueses de Marionetas Rui Sousa.
Dentro da vontade de descentralizar as actividades haberá propostas de animación de rúa a cargo de Titiribici, unha ruada da man de Troula Animación, e un programa na carpa da Alameda que inclúe actuacións de Raquel Queizas con Travesías, Papabuis, Títeres Brincadeira, Marionetas La Estrella, Ocelot Teatro ou o arxentino Manu Mansilla.
Un total de seis compañías, catro delas galegas, estrearán os seus novos espectáculos no marco do programa. Deste xeito, Caramuxo Teatro, que o sábado 9 de outubro presentará ao público A nena que vivía nunha caixa de mistos, dirixida por Juan Rodríguez, mentres a compañía galaico-francesa Moving Compass dará a coñecer o mércores 13 TACÃO, "unha peza que nos presenta a Mawala, un adolescente descubrindo a súa identidade, a súa persoa, o seu corpo" e se enfronta ao bullying.
No día 14 é a quenda de Títeres Alakrán, que leva a escena a súa obra Desconexión, unha reflexión sobre a tecnoloxía e a relación coa natureza, mentres que A Xanela presentará Leonardo e os Biosbardos, baseada nun texto de Blanco Amor, o día 15. A nivel internacional, os ecuatorianos Titerefue-Titiritainasunha darán a coñecer Diente de leche, na que mesturan monicreques e luz negra, e o grupo salvadoreño Ocelot Teatro presentará Te doy mis manos.
Canda ás funcións para público xeral, o festival mantén a súa habitual programación escolar, con sete funcións en horario matinal que se desenvolverán na Fundación SGAE, no Teatro Principal e no Centro Sociocultural Santa Marta.
Nas actividades paralelas haberá obradoiros sobre teatro de sombras e de obxectos, os populares Robertos portugueses e a creación de vermes con material reciclado a compor a oferta formativa desta xeira. Pola súa banda, a Biblioteca Ánxel Casal acollerá a exposición Biblioteca de libros fantásticos de Carmen Domech.
O premio que concede cada ano o festival a recoñecer "unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques" vai nesta xeira para a compañía Os Monicreques de Kukas, formada por Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas) e Isabel Rey, "unha das compañías pioneiras no rexurdimento do teatro de figuras e monecos en Galiza" segundo destaca a organización do festival. A súa traxectoria "recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras cun rico repertorio escénico que foi compaxinando textos propios e clásicos, así como o desenvolvemento dunha estética persoal e a creación de novas formas de entender a construción da marioneta como un ente vivo da escena" son listados como algúns dos principais méritos do grupo. Ademais, o fallo destaca que "polas súas producións pasaron moitas persoas que adquiriron xunto a eles o bo facer desta arte escénica" e lembra o proxecto pendente de desenvolver unha Casa dos Monicreques que albergue o seu legado e sirva como plataforma para divulgar esta forma artística.