O Concello de Santiago acollÃa na mañá deste 11 de outubro a presentación da vixésimo cuarta edición de Galicreques. O veterano festival dedicado aos tÃteres medra na súa nova xeira e achegará un total de 25 compañÃas de diferentes paÃses, entre elas 11 galegas, e máis de 50 funcións entre os dÃas 12 e 20 deste mes. Profesionais e grupos chegados de Perú, Francia, Bosnia, Arxentina, Portugal, Castela-A Mancha, Valencia ou Madrid fan parte dun programa que ocupará os escenarios do Teatro Principal, da Fundación SGAE e dos centros socioculturais composteláns, para alén de manter unha importante presenza nas rúas da cidade.
Entre as novidades, unha maior duración do programa que se desenvolve na Alameda ou unha maior oferta escolar, con funcións que chegan a 1.600 crianzas, amosan a forza dun evento que desenvolve extensións nos concellos de Betanzos, Carral, Arteixo, Culleredo, Vigo e A Coruña, aos que levará 22 funcións ata finais de mes.
Como puntos fortes do evento, destacan sete estreas, entre elas a da galega TÃteres Alakrán que presentará Finisterrae, o último ultramarinos, un espectáculo que reflexiona sobre a decadencia da vida rural a mesturar o traballo actoral con tÃteres de fÃo e sombras. Canda a esta estrea, a compañÃa madrileña La Mar de Marionetas presenta no evento Pazzzzzzz, desde Arxentina Tres Tigres Teatro, Teatro Piedra Libre e La Pelela TÃtres achegan as súas últimas producións e o combo internacional Mad Compass presenta El Barrendedro.
Dentro das propostas que se poderán ver no programa, o director do evento, Jorge Rey, destacou a prposta de El viaje a la luna, Le voyage dans la lune da compañÃa valenciana Triestitelles. A montaxe, que implica catorce persoas e conta con música ao vivo, recrea a través de tÃteres o célebre filme mudo de Georges Méliès.