
A cita profesional que organiza AGADIC pretende converterse nun referente para que os programadores do paÃs poidan coñecer o que se está a facer no eido das artes escénicas e, segundo sinalou o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, agarda inserirse no panorama estatal de festivais teatrais. Nesta primeira xeira están inscritos 50 programadores do paÃs.
Na presentación do evento Alfonso Sutil, director de AGADIC e mais Anxo Lorenzo sinalaron que a iniciativa se desenvolveu a partir do diálogo e da colaboración co sector das artes escénicas, e que o festival está aberto a mudanzas na súa duración e formato "con vistas a evolucionar e mellorar", segundo apuntou Lorenzo.