A Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba o pasado venres os espectáculos que participarán na vindeira edición de Galicia Escena Pro. Compostela acollerá entre o 3 e o 6 de novembro a vindeira edición do mercado de artes escénicas, no que se poderán ver un total de 24 propostas doutras tantas compañÃas. Desta volta increméntase o número de espectáculos que se poderán ver completos, que pasan de 11 a 14 producións, entre elas dúas estreas absolutas, as de Unhas poucas picadelas, de Teatro de Ningures, e Calypso, de Voadora. Canda a elas, poderán verse cinco propostas máis para publico adulto, Panamericana, de A PanadarÃa; Noiteboa, de Redrum Teatro; Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro; O principio de ArquÃmedes, de Teatro do Atlántico; e Presidente, de Teatro do Morcego.
Continúa unha importante presenza de obras para os máis novos, coas montaxes Luppo, de Baobab Teatro; Feo!, de Caramuxo Teatro, Jim e a Illa do TesouroXoga, de Entremans; Don Quixote, unha comedia gastronómica, de Limiar Teatro; e Peer Gynt, de Viravolta TÃteres. Tamén se poderá ver completo AIREnoAR, espectáculo e danza-circo a cargo da compañÃa homónima, mentres outras dez propostas presentaranse en formato showcase. Ademais, incorpórase ao programa unha xornada de "pitching" que lle permitirá ás compañÃas adiantalle aos programadores os seus traballo para a vindeira temporada. A organización realizará unha convocatoria para os interesados en explorar este formato.