A quinta edición de Galicia Escena PRO, o mercado profesional dirixido a programadores de espectáculos teatrais, ofrecerá en Santiago os novos espectáculos de 17 compañías galegas de teatro, danza, novo circo e maxia, ademais dunha sesión de pitching na que outras 10 formacións avanzarán os seus proxectos para a vindeira temporada. Organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) do 12 ao 15 de xuño, o programa do mercado profesional das artes escénicas completarase con dúas montaxes procedentes de Castela e León e cunha serie de actividades paralelas. A oferta de representación resulta visiblemente inferior á do pasado na que se contaba con un total de 37 compañías. dez máis que nesta edición. O Auditorio Abanca, a Fundación SGAE, o Salón Teatro e o Teatro Principal volverán ser os escenarios deste evento, a través do que a Xunta lles ofrece ás compañías escénicas un espazo para entrar en contacto directo cos representantes dos teatros, auditorios, salas e mostras cara á contratación dos espectáculos que lles darán forma ás súas próximas carteleiras.
Para a categoría de espectáculos, a comisión de selección elixiu 17 títulos galegos, dos que oito son montaxes teatrais para público adulto: A noiva de Don Quixote, de Eme2 emoción&arte; Castrapo, de Os Náufragos Teatro; Estado de graza, de Teatro do Noroeste; Helena: xuízo a unha lurpia, de Teatro do Atlántico; Normas para saber vivir na sociedade actual, de Sarabela Teatro; Resaca, de IlMaquinario Teatro; Tropical, de Elefante Elegante, e Ubú Rei, de Talía Teatro. A carteleira inclúe, así mesmo, cinco propostas teatrais para público infantil e familiar (A nena que quería navegar, de Redrum Teatro; O faiado, de Teatro ó Cubo; Pum Pum!, de Baobab Teatro; Redondo, de Caramuxo Teatro, e Rubicundo, de Teatro Ghazafelhos), dúas de danza (Emoticores, de Las Tricotouses, e Ulises e a nena durmida. Segunda travesía, de Ánxela Blanco), unha de novo circo (Outono, de Pistacatro Produtora de Soños) e outra de maxia (Íntimo. A viaxe da miña vida, do Mago Teto).
Por terceiro ano consecutivo, Galicia Escena PRO incluirá tamén unha sesión de pitching, para a que foron seleccionadas outras 10 compañías co obxectivo de lles presentar aos programadores inscritos un avance dos proxectos nos que están comezando a traballar cara á vindeira temporada. Os títulos elixidos para esta edición son Aguratrat, de Pérez&Fernández; Burlesque Night Show, de Nelson Quinteiro; Casa ORei. Traxicomedia gastronómica, de Ibuprofeno Teatro; Chola, a it girl!, de ArtesaCía; Cranios privilexiados... ou a crítica da razón perralleira, de Mofa e Befa; Elisa e Marcela, de A Panadaría; Este es de aire; el otro, de agua, de Masako Hattori; Nacidas libres, de Contraproducións; Os golfiños e o xigante; de Fantoches Baj, e Réquiem para un monicreque, de Os Monicreques de Kukas