Cultura cesa a Blanca Cendán como directora do Centro Dramático

Os profesionais do teatro critican a decisión da Consellería

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Juan Carlos Fasero, o xerente da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) comunicou a Blanca Cendán o seu cesamento como directora do Centro Dramático Galego. Segundo Cendán, Fasero explicoulle que o despido viña dado "pola cesión do Salón Teatro de Santiago para un acto reivindicativo", informa El País. No comunicado remitido pola Consellería de Cultura non se explican os motivos do cesamento de Cendán, pero infórmase do nomeamento dun novo responsable do Centro Dramático nestes termos: "proximamente, a consellería anunciará a incorporación dun novo profesional que lle dea continuidade ao labor de promoción levado a cabo polo CDG no ámbito das artes escénicas". O sector das artes escénicas criticou a decisión do cesamento de Cendán.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Punto e seguido

Punto e seguido

Blanca Cendán: “Vou ser unha directora que xestiona e non dirixe”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artes Escénicas, El País, Salón Teatro...