O Día Mundial do Teatro que se conmemora hoxe ten en Galicia un especial carácter reivindicativo. Á mobilización convocada polo sector en Compostela para protestar polos impagos e a parálise da administración pública sumouse, esta fin de semana o cesamento de Blanca Cendán como directora do Centro Dramático Galego. Deste xeito, mantense a convocatoria para a 19 horas na Alameda da Cidade do Apóstolo dun acto lúdico reivindicativo que percorrerá as rúas da cidade. No entanto, o acto previsto no Salón Teatro terá que se suspender logo que que o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, deixase sen efecto a cesión que fixera Cendán deste espazo para o acto.
Canda a isto, a Escola Superior de Arte Dramática, en Vigo, acolle esta mañá a presentación do número 70 da Revista Galega de Teatro. A ESAD acolle asimesmo un intenso programa de actividades de conmemoración, no que se inclúe a lectura dun manifesto, a proxección do documental Isaac, a entrega dos premios Marta Sieiro ou exposicións.