A Centro Dramático Galego xa ten novo director. Manuel Guede, que ocupou este posto durante 15 anos e que o abandonara en 2007, foi seleccionado pola Consellaría de Cultura para substituír a Blanca Cendán á fronte do departamento. Na presentación, Guede sinalou que dentro de quince días presentará a súa proposta de programación, sen aclarar se retomará o proxecto da obra As furias, que anunciara Cendán e que foi provisoriamente cancelado logo da súa marcha.
A falar da orientación do seu mandato, Guede sinalou que pretende "ver o estado das cousas e das contas, recuperar o diálogo con institucións homólogas e ter a Portugal como liña mestra de acción". Encol do Centro, sinalou que "só pode ser a casa dos mellores. No teatro público non se crean poéticas dramáticas, senón que se consolidan. Este non é lugar para experimentos". Do mesmo xeito, apuntou a súa intención de recuperar o diálogo coa profesión.
O novo director incidiu tamén na necesidade de que o Centro conte con autonomía para desenvolver os seus proxectos, e recoñeceu "non ter a sensación de voltar, o CDG que atopo é moi distinto do que deixei, está nunha situación moi delicada que supón un reto".
Desde a súa marcha do CDG, Guede gañou os premios Álvaro Cunqueiro e Rafael Dieste de escrita dramática e dirixiu unha obra de Valle-Inclán coa Compañía de Teatro de Braga, entre outras actividades.