Cultura "reforzará" o Consello Asesor do Centro Dramático para convertelo nun órgano "representativo" da profesión

O CDG substitúe a obra As furias por unha coprodución coa Companhia de Teatro de Braga

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

Hoxe á mañá o Centro Dramático Galego presentou o que será o novo espectáculo da entidade: O profesional, coproducida entre o ente público galego e a Companhia de Teatro de Braga. O profesional substituirá a As furias, a derradeira obra programada pola anterior directora do CDG, Blanca Cendán. A obra, de Dusan Kovacevic, estrearase o 5 de outubro no Salón Teatro e estará dirixida polo novo director do CDG, Manuel Guede. Pero Cultura tamén destacou a reformulación do Consello Asesor do Centro Dramático, que "pasa de ser un órgano consultivo a un órgano representativo da profesión, a formación e a programación". O Consello Asesor estará formado polas principais asociacións profesionais do sector (Escena Galega e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia), da Escola Superior de Arte dramática e polos colectivos de programadores. O obxectivo, segundo Cultura, ´"é que se traten problemáticas concretas do ámbito teatral, que se abordarán dun xeito transversal a todos os estamentos implicados".

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando a fronteira era puro teatro

Cando a fronteira era puro teatro

O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga estrearán no festival de Almagro a primeira obra de teatro en galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Braga, Manuel Guede, Espectáculo...