O Centro Dramático Galego participa na estrea de mañá en CoÃmbra de 'Frágua de amor', a última das novas coproducións teatrais previstas para este outono e impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración 40º aniversario da compañÃa pública. Na liña de internacionalización que leva desenvolvendo a unidade teatral da Xunta nos últimos anos, a montaxe da peza deste clásico da literatura portuguesa verá a luz no Teatro Académico de Gil Vicente (TAGV), onde permanecerá en cartel ata o sábado dÃa 16. Tras a estrea o espectáculo comezará unha xira que o levará os dÃas 29 e 30 de novembro ao Teatro GarcÃa de Resende en Évora e, xa en 2025, ao Salón Teatro de Santiago de Compostela o 10 de xaneiro e ao Teatro Nacional São João de Porto do 15 ao 18 de xaneiro.
'Frágua de amor', de Gil Vicente, está coproducida polo Centro Dramático Galego xunto a seis estruturas culturais lusas: Escola da Noite-Grupo de Teatro de CoÃmbra, O Bando de Surunyo, Artway, Cendrev-Teatro GarcÃa de Resende, Teatro Académico de Gil Vicente e Teatro Nacional São João. A posta en escena do texto, escrito en 1524 para celebrar o casamento de João III con Catarina de Habsburgo, consegue, a través da escenografÃa e da música, o ambiente de festa imaxinado por Gil Vicente. Non obstante, tamén lanza miradas crÃticas aos temas habituais do autor: a igrexa, a xustiza corrupta e a fidalguÃa improdutiva que aspira a beneficios. A peza está dirixida por António Augusto Barros e conta coa música en directo de O Bando de Surunyo, especializado na interpretación de obras dos séculos XVI e XVII, con seis voces, laúde, viola de gamba, frauta e percusión baixo a dirección musical de Hugo Sanches e co galego Xurxo Varela á viola. Sobre o escenario actuará un elenco de nove actores e actrices: Ana Teresa Santos, Carlos Meireles, Igor Lebreaud, Maria Quintelas, Miguel Magalhães, Nuno Meireles, Sérgio Ramos e a galega Mónica Camaño.