O Theatro Gil Vicente, na localidade lusa de Barcelos, acolle desde hoxe venres a segunda edición do LÍNGUA Festival Internacional de Teatro em Línguas Minoritárias no que haberá representación da escena teatral galega. Será este sábado cando no marco do evento poderá verse a montaxe "O Meu Mundo non é deste Reino", da compañía Teatro da Ramboia, coa que fai a adaptación da 'Farsa do bululú' de Manuel María que se fixo co premio do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2019. A programación do LÍNGUA abarca o teatro en linguas minoritarias e está aberto a diferentes modelos como o afeccionados ou comunitario. Xunto á proposta galega haberá tamén compañías de Cabo Verde e Marrocos.
Fran Lareu e Anxo García con dirección de María Peinado protagonizan a obra galega na que, segundo explica a compañía "un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira". Monicreques e traballo actoral mestúranse nesta proposta que destaca a importancia de contar como xeito de superar a opresión nun contorno ditatorial. A música ten espazo no programa do festival e estará representada tamén por unha formación tradicional galega, o grupo "A Ponte Vella".