Tralo casting realizado para seleccionar os participantes do Laboratorio Teatral están xa en marcha os ensaios que converterán o teatro Colón da Coruña, do 13 ao 16 de maio, nunha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Neses días ofrecerase As marxes da desgraza o froito dese laboratorio que consiste nunha antoloxia de fragmentos da obra do dramaturgo que recrea unha atmonostera de vidas desgrazadas e marxinais. As representacions (todas ás 20:30 horas agás a primeira, ás 11:00 para público infantil) complementaranse cunha mesa redonda (A Dramaturxia en Galicia, con Santiago Cortegoso, Cándido Pazó e Avelino González) un recital poético (Serán!, venres 17) e o concierto Cantos na Marxe (día 18).
O Teatro Colón homenaxea a Roberto Vidal Bolaño co seu Laboratorio Teatral
Representacións, unha mesa redonda, un recital poético e un concerto conforman o programa
20 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Entidades
Conceptos
Lugares
