Teatro do Noroeste pecha o seu 30º aniversario no Teatro Colón da Coruña

Exposicións, representacións, proxeccións e debates no cartel

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Teatro do Noroeste celebrou neste 2017 o seu 30º aniversario como compañía teatral. O peche da celebración será no Teatro Colón da Coruña os días 29 e 30 de decembro. Para estes días, ofrecen catro actividades abertas ao público. O 29 de decembro inaugúrase unha exposición sobre a historia da compañía e ás 20.30 horas farase unha representación teatral da obra Estado de Graza. O 30 de decembro, ás 11 da mañá celebrase unha mesa redonda sobre pasado, presente e futuro das artes escénicas en Galicia, no que participarán representantes da Academia Galega de Teatro, da Escola Superior de Arte Dramática, de Escena Galega e da propioa compañía. Pola noite proxectarase un documental realizado por Eva Alonso sobre estes trinta anos sobre as táboas.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Colón da Coruña, Teatro do Noroeste, Exposicións...