Teatro do Noroeste estrea Animais de compañía

O Teatro Colón acolle na fin de semana as primeiras funcións desta comedia musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Teatro do Noroeste estrea Animais de compañía

A conmemorar os seus trinta anos de actividade, Teatro do Noroeste estrea nova obra. O Teatro Colón da Coruña acolle os días 4 e 5 de novembro as primeiras funcións de Animais de compañía, unha comedia musical que a compañía dirixe ao público familiar. A obra presenta a conversa dunha cadela maior, Fedra, con Maxa, unha gata nova, preocupadas pola tardanza da súa dona en regresar ao fogar. Unha fábula moderna sobre as relacións humanas e o respecto ás diferenzas escrita e dirixida por Eduardo Alonso que Imma António e Manuela Varela levan a escena con música de Bernardo Martínez. A obra continurá na Coruña ata o día dez nunha serie de función escolares e continuará xira por Vimianzo o día 19 deste mes e por Narón o 1 de decembro.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro do Noroeste, Comedia, Bernardo Martínez...