O Laboratorio de Teatro convoca un cásting para o Día das Letras Galegas

Cambia de formato logo de que Eulén gañara por primeira vez o concurso

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:

Son varias as datas que ten este ano o Laboratorio de Teatro da Deputación da Coruña. A primeira, o vindeiro 5 de marzo no que haberá un cásting para elexir a dez actores participantes neste encontro. Despois, entre abril e maio terán lugar os ensaios, asistencia a espectáculos, clases didácticas e mesas redondas que conformarán a formación da man de profesionais como Santiago Cortegoso, Estíbaliz Espinosa o Lucía Regueiro. Ao final, entre o 13 e o 18 de maio interpretarán textos de Roberto Vidal Bolaño, protagonista do Día das Letras Galegas. É o formato deste ano do Laboratorio logo de que Eulén gañara por primeira o concurso que convoca a Deputación da Coruña e que, desde 1999, conseguía Casa Hamlet. Ademais, a contía do concurso desta última edición é de 50.000 euros, máis baixa que en edicións anteriores que rondaba os 70.000 euros.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha ruada de papas e unto

Unha ruada de papas e unto

O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Teatro, Deputación da Coruña, Santiago Cortegoso...