A compañía A Feroz debuta en Compostela con Afterparty

O Salón Teatro acolle venres a estrea da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
A compañía A Feroz debuta en Compostela con Afterparty

A sede do Centro Dramático Galego, o Salón Teatro de Compostela, acollerá este venres a presentación dunha nova compañía escénica. A Feroz debuta con Afterparty, unha montaxe que fixo parte do programa de residencias do CDG. Segundo explica na súa presentación, a nova compañía busca "transcender as barreiras persoais para poñer en común sobre o escenario as preguntas que comparten como xeración e todas as posibles respostas". A obra que levan a escena, escrita e dirixida por Lorena Conde e con Inés Salvado, Beatriz Romero, Gustavo Freire e Lolo Castro sobre o escenario, é un "relato emocional no que reina o espírito do lixo, do exceso posmoderno" que "fala da decepción, do empeño na felicidade e da procura de respostas por parte desa xeración que chegou tarde a todo. A Feroz defínea como".

Segundo explica o web do CDG, o resultado é un artefacto escénico "no que a letra, a música, o espazo e o movemento corporal foron desenvolvéndose á vez durante un proceso de creación interdiciplinar". A obra poderá verse os venres 9 e o sábado 10 ás 20:30 horas e o domingo 11 ás 18:00 horas.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Centro Dramático Galego, Santiago de Compostela