A nova montaxe do Centro Dramático Galego, 'A burra, a mesa e o pau', estréase este xoves na súa sede do Salón Teatro en Santiago de Compostela, onde permanecerá en cartel ata o vindeiro 20 de abril. A compañía pública galega abre con esta montaxe de grande formato a súa temporada de producións propias, reunindo un elenco multixeneracional e multidisciplinar sobre as táboas, 15 intérpretes, para desenvolver esta montaxe con dramaturxia e dirección de Lorena Conde. A proposta programática do director do CDG, Fran Núñez, segue a ser a de apostar por dar a oportunidade á nova creación galega e abrir as portas da institución a xente que nunca antes traballara nela, un obxectivo que tamén comparte Lorena Conde. A autora desta montaxe explicou hoxe en rolda de prensa este espectáculo que xira sobre unha familia obreira galega nos anos 90 para abordar o xeito en que buscan o seu benestar económico. A dramaturga fai este achegamento, non desde o teatro documental tan en boga agora mesmo, senón desde as ferramentas da ficción e mesmo usando dos arquetipos dos contos fantásticos, xa eu está inspirada nun conto dos irmáns Grimm. A autora incide no feito de como as familias confiaban nalgún xeito á saída da miseria a feitos de azar, de calidade pseudo- máxica.
Nomes moi coñecidos polo público e outros máis novos xúntanse nesta montaxe sobre as táboas, que ademais ten unh formato coral que fai que nas escenas coincidan gran parte deles ao tempo. Xúlio Abonjo; Maika Aguado; Beatriz Barcia; Xosé Manuel Esperante; Andrés Giráldez; Alixa Ladson; Roberto Leal; Mario López; Pablo Loureiro; Carla Mojón; Grial Montes; Paloma Otero; Paulo Serantes; Nelu Vermouth e Arantza Villar conforman este elenco que actuará nun poderoso espazo escénico deseñado como espazo interior e exterior ao tempo. Esta primeira montaxe, ao revés do que ocorrerá coa segunda prevista esta temporada, non sairá do Salón Teatro e buscará de novo atraer a público de toda Galicia, intención para que contará de novo co programa 'Sobes ao bus do teatro?', que comezou en 2022 en convenio con catro concellos e co que este ano achegará a públicos desde 60 concellos, moitos deles con dificultades de conexión a través do transporte público regular. Outra das novidades que presentará coa mesma intención de facer posible a chegada de públicos das cidades mellor comunicadas como as que están no eixo atlántico conectadas por ferrocarril, é o cambio de horario. As representacións terán lugar ás 18:00 horas para posibilitar a acomodación aos transportes públicos.