O Salón Teatro opta pola versatilidade para este inicio de 2012

O centro contará nestes dous meses con 16 días de actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Cinco espectáculos de teatro, un de danza contemporánea e dúas proxeccións de cinema. O Centro Dramático Galego acaba de facer pública a programación do Salón Teatro, que adelgaza a súa actividade escénica en canto a cifras e que abre a programación propia ao cinema (dúas sesións para proxectar a versión galega de Pa Negre, o filme catalán vencedor nos premios Goya e outra para a curta Conversas cunha muller morta) e a cesión de espazo para a gala dos premios Galicia Calidade. Abre a programacióna estrea de Tokio3 (xoves 13), a última montaxe de Voadora, con dirección e dramaturxia de Marta Pazos. En total, ata o mes de marzo, o espazo escénico contará con 16 días de actividade.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Cine, Marta Pazos...