O Centro Dramático quere achegar a programación ao público poñendo en marcha un bono

Programación de salón

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Bono da cidadanía” a 38 euros. Esta é unha das novidades da programación do Salón Teatro para o primeiro semestre do ano. Un bono que permite a entrada a cinco espectáculos (dous deles as producións do Centro Dramático Galego), que garante mellores butacas e que é compatible coa reserva telefónica. No eido dos contidos, o teatro será o principal protagonista en canto a número de funcións. Ademais, as producións do CDG abriranse ao público para que poida coñecer de primeira man o seu proceso de creación e serán as encargadas de pechar o semestre. Na música, o Festival Sinsal volve recalar en Santiago coas súas experimentacións sonoras. A danza abre hoxe a programación con “Larandland”, a montaxe da compañía catalá “Mudances” que achegar por primeira vez a Galicia a súa visión rítmica do espazo.

Máis información no web do IGAEM e na nosa hemeroteca sobre o Salón Teatro

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, IGAEM, Salón Teatro, Danza...