O Concello de Santiago acollÃa onte a presentación do Bono de Teatro Galego (e Portugués). Esta iniciativa, nada da colaboración entre o Centro Dramático Galego e o municipio, permite acceder con descontos á programación escénica do Teatro Principal, o Salón Teatro, a Zona C e a Sala AgustÃn Magán. O bono, cun prezo de 35 euros, permite o acceso a cinco funcións das que se programan ao longo do ano nestas salas, que está previsto que acollan, só no primeiro semestre do ano, 28 espectáculos con máis de 80 representacións. Entre estas estará a producÃon do CDG Longa viaxe cara á noite de Eugene O'Neill e as obras portuguesas que participan no ciclo de intercambio Troco x Troco do CDG.