Eugene O'Neill e Carlos Casares protagonizarán a temporada do CDG

O Centro Dramático coproducirá A Tempestade e Sem herói nem reino,

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Longa viaxe cara á noite, do estadounidense Eugene O’Neill será a principal novidade da nova temporada do Centro Dramático Galego, que recuperará As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares. A entidade adiantaba o pasado venres as liñas das súas vindeiras estreas, salientando a anunciada Touporroutou da lúa e do sol de Vidal Bolaño, xunto a Teatro do Noroeste para o vindeiro 4 de outubro. Ademais, o centro desenvolverá en réxime de coprodución A Tempestade, con Voadora, e Sem herói nem reino, coa Companhia de Teatro de Braga e os angolanos Elinga Teatro.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Carlos Casares, Eugene O’Neill, Teatro do Noroeste...