Este outono é tempo de cÃtricos. Dez anos despois de o estrear, o Centro Dramático Galego leva ás táboas de novo o único texto teatral de Carlos Casares. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas chega nunha nova versión pero a repetir dirección escénica, a cargo de José Caldas, e mais musical, da man de Bernardo MartÃnez. Unha proposta na que a música cobra protagonismo e que aposta por varios niveis de lectura.
En 1973, Carlos Casares gañaba o I Premio de Literatura Dramática para a Infancia e a Mocidade da Asociación Cultural O Facho. A obra gañadora, . As laranxas máis laranxas de todas as laranxas estaba chamada a ser un referente nas propostas escénicas para os máis novos no teatro galego. A recoñecer a súa importancia, esta foi tamén a primeira montaxe destinada ao público infantil que o Centro Dramático Galego levaba ás táboas en 2004. Dez anos despois, a entidade pública recupera o texto, a repetir director, José Caldas e mais director musical, Bernardo MartÃnez. No entanto, non se trata exactamente da mesma montaxe. Malia a manter elementos escénicos da anterior xeira, o Centro presenta agora unhas novas laranxas, con diferentes actores e variacións sobre a anterior.
Mudanzas
Caldas apunta a peculiaridade de retomar unha obra logo de tanto tempo. "A xente envellece e un fica máis sabio, polo tanto esta versión posúe algo da sabedorÃa da idade". Canda á súas propia visión sobre o texto, o director salienta a importancia do equipo actoral. "Fixemos un casting de oitenta persoas e escollemos seis que ademais son todos músicos. Asà que temos toda unha banda no escenario, e isto mudou moito a montaxe". Ao igual que a versión que xa en 2004 levou a escena, Caldas integrou no texto material doutras obras de Casares, nomeadamente do conto A galiña azul, un personaxe que xa aparece no propio cartel da montexe. Canda a isto, na nova xeira recuperáronse textos doutras obras do autor para compor as letras das cancións que se interpretan durante a representación.
A obra
En total son seis actores os que dan vida a unha fábula con grandes elementos de absurdo no que se van sucedendo os encontros e os eventos a partir da aparición dunhas estrañas laranxas xigantes nun limoeiro. A ambientación rural convive nas táboas con "conversas absurdas, comportamentos estrafalarios, esaxeracións ao lÃmite, personificación de animais ou animación de obxectos", segundo explica a presentación da obra, que se desenvolven á par de momentos cotiáns. Personaxes como o Veciño da Escopeta, o Gordo, a Veciña Sabida, a Desdentada, o Ovo ou a Galiña Petra compoñen un mundo rural de cor cheo de elementos inequivocamente galegos.
A orixinal
A montaxe que chegaba ás táboas do CDG hai dez anos tampouco foi a primeira que se realizou do texto de Casares. A agrupación teatral O Facho foi estreou por vez primeira As Laranxas na clausura da I Mostra de Teatro Galego que se realizou en Ribadavia o 27 de maio de 1973. Ese mesmo ano, o grupo Os Cigurros levou a representación á Rúa, desde aquela foron moitas as compañÃas profesionais as que versionaron nalgún momento o texto. No entanto, a pegada desta peza non remata aÃ, segundo advirten desde o propio Centro Dramático Galego, "foron tamén moitas as representacións levadas a cabo por nenos e nenas de centros de ensino, ao tratarse dunha peza referencial do teatro infantil galego". A Editorial Galaxia publicou, xa no Nadal daquel 1973, o texto da obra acompañado de ilustración de LuÃs Seoane, o que contribuÃu enormemente à súa popularización.
Máis complexidade
Segundo explica José Caldas no propio blog da produción "procuramos dar complexidade aos modelos que Casares describe, facelos asà arquetipos que constelan varias formas do ser. Anxa, por exemplo, un arquetipo da muller: amante, nai, soporte da familia, severa, doce, alma solar". Nese sentido, na nova versión os personaxes preséntanse a si mesmos e explican quen son, o seu nome e o que queren. "Antes non o facÃan, agora teñen unha pequena canción que os define. Nese sentido o espectáculo mudou. Se antes eran diferentes tipos de clowns agora, aÃnda que continúan a selo, buscamos algo máis poético, cunha maior base na commedia dell'arte".
Xira
A obra, estréase no Teatro Principal da Cidade das Burgas o 3 de outubro, logo de representacións matinais para centros de ensino os dÃas 1 e 2. Con posterioridade desenvolverase unha xira de 38 funcións que quere prestar especial atención á comunidade escolar. Con este fin, vanse programar funcións concertadas cos centros de ensino e está dispoñible na rede unha guÃa didáctica sobre a función. Ademais, o Centro Dramático anuncia que desenvolverá funcións para o público familiar en dÃas non lectivos. VilagarcÃa de Arousa os dÃas 5 e 6, Narón o 12 e Pontevedra o 17 e 18 son as vindeiras citas da obra ao longo deste mes. Con posterioridade, están programadas funcións en Vigo, Viveiro, Tui, O Barco, Rianxo e A Estrada, para chegar en decembro en Santiago de Compostela.
Recepcións
Con esta perspectiva, o director aposta por unha obra que posúe varios niveis de lectura "en Portugal, como en Francia, falamos de Teatro para a infancia e para a xuventude, non de teatro infantil. Casares era un adulto que escribiu para crianzas, pero o que el escribiu tiña que ver coa época polÃtica e social que viviu, era un reflexo daquel momento. Do mesmo xeito, eu fago un espectáculo que respecta a intelixencia dos espectadores, como facÃa o seu texto". Logo da primeira representación para escolares, que se desenvolveu esta mañá en Ourense, Caldas asegura que a reacción dos espectadores mudou fronte ao espectáculo de hai unha década. "O anterior era un espectáculo moi axitado, este ten máis calma, e era moi bonito ver as crianzas entrar nestas atmosferas máis tranquilas e poéticas".
Dosier de presentación de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.En 1973, Carlos Casares gañaba o I Premio de Literatura Dramática para a Infancia e a Mocidade da Asociación Cultural O Facho. A obra gañadora, . As laranxas máis laranxas de todas as laranxas estaba chamada a ser un referente nas propostas escénicas para os máis novos no teatro galego. A recoñecer a súa importancia, esta foi tamén a primeira montaxe destinada ao público infantil que o Centro Dramático Galego levaba ás táboas en 2004. Dez anos despois, a entidade pública recupera o texto, a repetir director, José Caldas e mais director musical, Bernardo MartÃnez. No entanto, non se trata exactamente da mesma montaxe. Malia a manter elementos escénicos da anterior xeira, o Centro presenta agora unhas novas laranxas, con diferentes actores e variacións sobre a anterior.