A produción do Centro Dramático Galego para a temporada 2012-2013 están conformada por dúas obras para público adulto que, tal e como foron anunciadas, son O profesional de Dusan Kovacevic e DÃas sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño. Sen embargo, o CDG pretende incrementar a oferta da vindeira temporada cun novo espectáculo que sairÃa froito da colaboración coa ESAD permitÃndolle aos seus egresados traballar, como bolseiros, no espectáculo As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares (e repetir esta fórmula para a seguinte temporada, que empezarÃa en setembro do ano 2013, con outro de Vidal Bolaño: Touporroutou da lúa e o sol). O proxecto é unha proposta que se presentou ante o consello asesor de Agadic e da que se facÃa eco o xornal El PaÃs, que levantou grande polémica nas redes sociais.
Os profesionais ven a proposta do CDG (proposta presentada ao Consello Asesor e segundo fontes de Agadic, non como un proxecto definitivo) como unha ameaza para os sector e acusan á administración de querer precarizar o sector e non respectar os convenios laborais (o en abril de 2009 aprobouse o primeiro convenio de actores e actrices de teatro de Galicia, unha vella reivindicación histórica). Pola contra, o director da ESAD, Manuel F. Vieitez, publicou no seu blog un longo e documentado artigo no que explica que a proposta non é máis que a “construción do sistema de acceso ao exercicio profesional”, no que os egresados terÃan contratos de bolseiros, que se rexen pola súa propia normativa e que son diferentes dos contratos profesionais, que gozan en Galicia do seu propio convenio. A actividade do CDG retomarase en setembro, co inicio dos ensaios de O profesional que se estreará no Salón Teatro de Compostela o 5 de outubro.