O Centro Dramático producirá dúas obras de Vidal Bolaño

As representacións de Días sen gloria e Touporroutou da lúa e do sol fan parte dos actos de homenaxe ao autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Con ocasión Día das Letras Galegas dedicado a Roberto Vidal Bolaño en 2013, o Centro Dramático Galego (CDG) presentaba esta mañá a programación especial coa que quere lembrar un dramaturgo fundamental para a escena do país. Deste xeito, o vindeiro mes de abril está prevista a estrea dunha montaxe para público adulto a partir do texto Días sen gloria, que iniciará despois unha xira por todo o país ata xuño. Para o segundo semestre do ano estrearase a obra infantil Touporroutou da lúa e do sol, que pretende percorrer centros de ensino.

Para alén destas producións propias do CDG, o programa desta entidade en homenaxe a Vidal Bolaño inclúe tamén un ciclo audiovisual no que se proxectarán as gravacións das diferentes obras do autor, incluíndo un coloquio nun formato que pretende recuperar o espírito dos cineclubes. O programa desenvolverase no propio Salón Teatro e mais na Escola de Arte Dramática de Vigo.

Lecturas dramatizadas a cargo de alumnos das aulas de teatro universitarias de Santiago, Vigo e Ourense é outra das propostas do programa. Para rematar, o CDG porá en marcha o Premio Roberto Vidal Bolaño ao espectador, polo que un xurado composto por traballadores do Centro premiarás as mellores propostas e suxestións que faga o público do Salón Teatro.

Segundo sinalou Manuel Guede, director do CDG, no vindeiro mes de setembro ou a comezos de outubro concretaranse o orzamento e os directores vencellados a este programa, a coincidir coa presentación do Centro Dramático para o último trimestre do ano. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, sinanlou a importancia de que, por vez primeira, a Real Academia apostase por un dramaturgo para o Día das Letras, e sinalou que o CDG pretende ser "catalizador das accionns escénicas que acompañen a promoción da admirable figura e da magnífica obra" do autor. Vázquez apuntou que as propostas presentadas contarán co apoio da propia Consellaría e de Política Lingüística.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A gloria dos días

O Centro Dramático Galego homenaxea a Roberto Vidal Bolaño con Días sen gloria

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Día das Letras Galegas, Centro Dramático Galego, Ensino...