Unha historia de laranxas

Xa podes descargar o facsímile da obra de teatro de Carlos Casares

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ilustración de Luís Seoane

Ilustración de Luís Seoane

Carlos Casares escribiu no ano 1973 esta pequena obra teatral: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Trátase dunha peza infantil cun humor desbordante e absurdo, que nesta edición conmemorativa presentada polo CCG conta con ilustracións de Luís Seoane. O CCG edita todos os anos unha edición especial sobre o autor ou autora ao que se dedica o día das letras galegas. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas reivindica a faciana gozosa e divertida de Carlos Casares.

Ramón Villares agradeceu a colaboración da familia de Carlos Casares e á fundación por permitir a reedición en edición non venal de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. O Presidente do CCG salienta de Carlos Casares a súa dimensión de “intelectual na praza pública”, que foi quen de “conectar cos lectores desde unha posición fundada en principios morais moi constantes: antidogmatismo, galeguismo de natureza socialdemócrata, escepticismo vital e unha gran confianza nos individuos e na súa capacidade de superar a intolerancia”. Villares considera que a aposta pola literatura infantil e xuvenil “ten un evidente trazo de militancia cultural, desde a conexión co asociacionismo da época ata a convicción de que era preciso asegurar un porvir para a lingua galega desde os primeiros lectores”.

A edición realizada polo CCG das Laranxas está disposta nun estoxo no que, por unha banda, se atopa a edición da obra teatral, co prólogo de Ramón Villares e o estudo de Montse Pena, e vén acompañada de láminas coas ilustracións orixinais de Luís Seoane, algunhas delas pensadas como deseños escenográficos para a representación da obra, que, Ademais, tivo lugar na primeira Mostra de Teatro de Ribadavia en 1973.
Unha coidada edición

Christian Casares, fillo do autor homenaxeado nas Letras Galegas, agradeceu ao CCG a “iniciativa de edición do libro que, Ademais, casa moi ben co gusto do meu pai, como editor, polas edicións moi coidadas. No seu traballo el tamén tentaba conseguir libros cun gran acabado”. Christian Casares tamén sinalou que a reprodución especial das láminas de Seoane teñen para a familia “un gran valor sentimental, xa que as orixinais sempre estiveron colgadas na nosa casa nun lugar preferente”. Hoxe as orixinais poden verse na exposición itinerante sobre o escritor que promove a Fundación Carlos Casares.

Para Montse Pena Presas, autora do estudo introdutorio á obra, “Casares non tiña un interese especial na literatura infantil e xuvenil, senón que a vía como un espazo ideal para pular pola normalización lingüística e como un espazo para xogar e experimentar, literariamente falando”. Para Pena, as primeiras obras infantís “teñen un pouso social importante, que non se aprecia nun primeiro momento, pero que está aí. A procura da tolerancia é evidente nas dúas, xa sexa como defensa da diferenza (galiña azul) como condena á violencia (as laranxas). Grazas ao emprego do humor e do absurdo, libéraas dunha carga didáctica que censuraba”.

Algunhas ilustracións de Luís Seoane para a obra:

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Día das Letras Galegas 2017

Ver serie completa
Os centros de I+D das Letras Galegas

Os centros de I+D das Letras Galegas

O mundo educativo explora cada dezasete de maio propostas anovadoras para conmemorar o Día das Letras

A voz dun contador de historias

A voz dun contador de historias

Escoita a Carlos Casares e a súa visión do mundo e a cultura

Casares: lembranzas alén dos moldes

Casares: lembranzas alén dos moldes

Unha concentración de Harleys ou unha carreira de cabalos son algunhas das atípicas celebracións deste Día das Letras

Do mesmo ámbito