A voz dun contador de historias

Escoita a Carlos Casares e a súa visión do mundo e a cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A voz dun contador de historias

O Consello da Cultura Galega asinou un convenio con RTVE en 2010 para dixitalizar e catalogar fondos do centro territorial de Galicia de RNE. Deste importante fondo documental escolmamos algunhas intervencións de Carlos Casares. Este proxecto conta coa colaboración de Radio Televisión Española.Podes escoitar máis no especial que lle dedicamos no Consello da Cultura Galega.

O primeiro poeta


Carlos Casares é coñecido polas súas novelas, relatos e artigos, pero os inicios da súa carreira literaria foron poéticas. Este é un documento excepcional do ano 1968, no que Casares fala da súa actividade como poeta. Lense poemas orixinais nas voces de Lita Iglesias e Andrés Rey. Cara o final da gravación, o propio Casares recita a segunda parte da triloxía Poemas de lembranza.


Unha entrevista a Carlos Casares dentro do programa radiofónico Da terra e dos tempos, no que fala da situación lingüística galega ao final do franquismo.

"El gigante y el tonto"


Narración do conto El gigante y el tonto. Data: s.d.

A cultura galega en 1988


Mesa redonda titulada Perspectiva actual da cultura galega, na que interveñen Carlos Casares, acompañado de Ramón Piñeiro, e moderada por Luis González Tosar. Neste fragmento, Casares explica a situación editorial de Galicia. Estamos en Ourense, o 16 de maio de 1988.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Día das Letras Galegas 2017

Ver serie completa
Os centros de I+D das Letras Galegas

Os centros de I+D das Letras Galegas

O mundo educativo explora cada dezasete de maio propostas anovadoras para conmemorar o Día das Letras

Casares: lembranzas alén dos moldes

Casares: lembranzas alén dos moldes

Unha concentración de Harleys ou unha carreira de cabalos son algunhas das atípicas celebracións deste Día das Letras

Unha historia de laranxas

Unha historia de laranxas

Xa podes descargar o facsímile da obra de teatro de Carlos Casares

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Consello da Cultura Galega, Documental, RTVE...