Cúmprese un cabodano da morte de Carlos Casares, escritor e Presidente do Consello da Cultura Galega. O seu carácter dialogante e aberto fixeron del unha persoa básica para ligar proxectos e persoas na Galicia de finais do século XX. Descubre no noso especial o seu aspecto máis persoal.
Kristina Berg: "A escritura en Carlos era algo natural, nunca facía alarde do que estaba creando"
Coñecéronse nun tren en setembro de 1971. Tres meses despois, Carlos Casares e Kristina Berg comezaban unha andaina de trinta anos de complicidades, ata o inesperado falecemento do escritor o pasado 9 de marzo. Kristina Berg lembra agora, un ano despois, un home pacífico, tolerante, profundamente intelixente e bo de corazón ao que lle gustaban os obxectos e as historias pero, sobre todo, un amante da vida e da xente.
Nalgunha ocasión Carlos contou como se coñeceron, gustaríame escoitar a súa versión....
Eu quería coñecer unha España distinta, non a que vían as miñas amigas cando viaxaban a Ibiza ou Mallorca. Nós, en Suecia, temos a Santa Brigita e eu lera que estivera en Santiago de Compostela, así que alí me dirixía eu cando Carlos subiu ao tren. Era un tren absolutamente abarrotado de xente e, en Ourense, xusto as persoas que ían no meu compartimento baixaron e, claro, cando Carlos subiu era o único sitio que quedaba libre en todo o tren. Foi unha casualidade que nos chegasemos a coñecer.
Tres meses despois casaban e creo que Carlos fíxolle unha pequena broma?
Foi en Ourense, de acabados de casar. Levoume a ver ?Cásate cunha sueca e xa verás?. A película estaba baseada nun libro que daquela circulaba moito por España e que falaba dun italiano que casara cunha sueca e o matrimonio fracasara. De feito, Carlos estaba lendo un libro titulado ?Suecia, o paraíso inferno?, que falaba da ?liberalidade? das mozas suecas. Pois levoume ver esa película e, cando se acenderon as luces, a xente comentaba sobre a películas, que se as suecas esto e o outro, e eu morría coa vergonza.
¿Contoulle nalgunha ocasión como ou por que decidiu ser escritor?
El contaba que sempre pensaba que ía escribir, que xa desde neno o facía. No colexio e no instituto escribía contos, alí tiña un profesor que o animaba moito. De feito, cando era novo gañou un premio e, gracias a el, coñeceu a Vicente Risco, que estaba no xurado. Foi o comezo.
¿E como vivían na casa o día a día da creación literaria?
O proceso de creación de Carlos era moi lento. Era absolutamente discreto, nunca facía alarde de que estaba creando, levaba o seu traballo moi dentro. Moitas veces, os primeiros días antes de comezar a escribir, víaselle moi ausente, moi calado e moi metido en si mesmo e entón nós sabiamos que en algo andaba. Pero é que en Carlos a escritura era algo tan natural, roubáballe tempo ao sono ou ás tardes de fin de semana que pasaba na casa e moitas veces levaba cadernos no peto onde en calquera momento anotaba ideas para as súas obras.
OS PRIMEIROS DÍAS ANTES DE COMEZAR A ESCRIBIR VÍASELLE MOI METIDO EN SI MESMO E ENTÓN NÓS SABIAMOS QUE EN ALGO ANDABA
O universo literario de Casares estivo moi centrado en Ourense pero os seus intereses eran moi amplos, entre eles a literatura infantil, unha dedicación que creo que compartía con vostede ?
Eu son autora de dous libriños ilustrados por min pero non me considero escritora. O primeiro foi ?Dona Galicia?, aínda que nunca pensei que chegara a converterse nun libro. ?Dona Galicia? xurdiu cando coñecín a Ramón Piñeiro. Ramón impresionoume moitísimo como persoa e quixen ensinarlle que comprendía o que el contaba, aínda que non entendía o idioma. E pensei que a mellor maneira de demostrarlle que eu quería a este país, que entendía o que pasaba aquí, era a través dunhas ilustracións acompañadas das poucas palabras que coñecía. O libro orixinal quedou aí, porque daquela Galaxia non editaba en cor, e, despois de moitos anos, coincidindo cun seminario que se celebrou en Vigo, o director de Caixa Vigo, Xulio Gayoso, soubo do conto e decidiu facerse cargo da edición.
A través de Carlos tivo a oportunidade de coñecer a persoeiros como o propio Piñeiro, Torrente Ballester, Anxel Fole, ¿como viviu esas relacións persoais?
No caso de Ramón Piñeiro, coñecino dous ou tres días despois de Carlos. Daquela eu non tiña nin idea de quen era pero desde o primeiro momento foron moi cariñosos comigo, tanto el como a súa muller Isabel. Eles axudáronme a ir levando os primeiros anos aquí, que non foron doados: o final do franquismo, unha sociedade pechada e intransixente,?. Pero co matrimonio Piñeiro eu tiña un trato familiar e de feito eles chamábanme ?sobriña?. Foron unha familia de acollida. Incluso quixeron coñecer o meu país e un verán Ramón, Isabel, Blanca Penzol e o seu irmán viñeron connosco para coñecer Suecia e á miña familia.
Con vostede Carlos descubriu Suecia, unha sociedade aberta, democrática, ¿cómo pensa que lle influíu esta apertura?
A primeira vez que chegamos alí foi no Nadal de 1971a 1972. Carlos quedou absolutamente abraiado polo país, pola tranquilidade e pola tolerancia e educación da xente. Por iso, cada vez que iamos a Suecia, Carlos aproveitaba para escribir, para ler. Alí respirábase un sosego que non existía aquí. Aprendeu o sueco moi rápido e perfectisimamente para poder ler os xornais, escoitar a televisión pero, sobre todo, para falar coa xente. Gustábanlle as tertulias e sempre quería profundar nas cousas. El era así, tíñao que saber todo, tiña moita necesidade de comunicarse.
Gustáballe moito participar en reunións onde contaba sempre algunha anécdota, ¿cre que chegou a ter a conversa como forma de literatura?
Si, aquí en Galicia sempre houbo unha grande tradición oral e a Carlos gustábanlle moito as tertulias. El, as veces era o protagonista, porque contaba moitas anécdotas pero encantáballe escoitar. Cando el participaba en xuntanzas, por exemplo con Gonzalo Torrente Ballester, e estas eran moi numerosas eles calaban e logo pasaban tardes enteiras falando xuntos. O mesmo lle pasaba con Ramón. Cando Piñeiro veu a Suecia aquel verán -eu xa estaba alí, así que Carlos e Ramón viñeron xuntos nun coche- durante aquela viaxe non pararon de falar. Tiñan un carácter semellante, eran pacíficos, tolerantes, profundamente intelixentes e moi, moi bos de corazón, dunha xenerosidade absoluta, sobre todo en canto ao tempo, que regalaban a esgalla. A ninguén lle dixeron nunca que non, para falar, nunca.
Nalgunha das súas obras emerxe unha certa visión negativa noutras é tremendamente vitalista, ¿cal era a súa visión do mundo, da vida?
Carlos era un home vitalista, amaba a vida e por iso nunca quería perder tempo, non era quen de estar sentado sen facer nada. Para relaxarse dedicábase aos seus hobbies: construía maquetas de tren, dedicábase á fotografía, aos puros, ás plumas, aos libros (tiña moitos).
CARLOS ERA UN HOME VITALISTA, AMABA A VIDA E POR ISO NUNCA QUERÍA PERDER TEMPO, NON ERA QUEN DE ESTAR SENTADO SEN FACER NADA
¿Non era complicado vivir cun home con tantos hobbies?
Non, ao contrario, eu animábao porque notaba que o pasaba ben, que era feliz coma un neno cando conseguía unha nova máquina, un libro? era marabilloso vivir cun home que coleccionaba tantas cousas porque así tampouco había problema á hora de regalar.
Esa fascinación polos xoguetes ¿Carlos levaba aínda un neno dentro?
Tiña tanta ilusión polas cousas que era incrible, era marabilloso velo porque esa ilusión e ese entusiasmo eran contaxiosos. Cando se poñía a falar de trens ou de máquinas fotográficas facíao con tanto entusiasmo que os amigos acababan emocionándose tamén e logo eran eles os que andaban á busca de novas pezas para a colección. Carlos compartía cos seus amigos todo o que a el lle gustaba e algúns deles acababan tendo en común con el as súa afeccións.
Entre as que se contaba creo que tamén o cine
Si, mantivo tamén esa pero estes distintos hobbies tíñaos por tempadas. Había unha na que se metía a fondo cos trens e só existían trens porque el era moi intenso en todo. Logo deixaba descansar os trens e eran as cámaras. Era moi apaixonado nas súas afeccións e quería coñecer profundamente todo sobre elas: non era só que coleccionara máquinas senón que estudiaba sobre elas, e o mesmo facía con todas.
O seu carácter dialogante e conciliador fíxolle mediar nalgúns conflictos, ¿creoulle isto inimigos?
Poderían existir unha ou dúas persoas ás que Carlos non lles gustara moito pero esta postura dialogante nunca lle ocasionou problemas. El era sempre moi consciente das palabras que empregaba, non dicía nada sen pensalo moi ben antes e creo que todo o mundo acabou apreciándoo.