Plauto, Cunqueiro e Casares centran a oferta do Centro Dramático Galego para o vindeiro ano

Temporada de teatro no Centro

13/8/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“A comedia do Gurgullo”, unha obra sobre textos de Plauto abrirá a programación do Centro Dramático Galego (CDG) do vindeiro ano. Será en outubro no Festival de Teatro Medieval de Elxe baixo a dirección de Celso Parada. A esta obra sumaráselle unha adaptación da novela de Cunqueiro “O ano do cometa” a cargo de Quico Cadaval. Finalmente, o centro pechará a súa tempada pondo en escena unha montaxe baseada no conto infantil “As laranxas máis laranxas de tódalas as laranxas” coa que se quere homenaxear ao seu autor, o falecido Carlos Casares.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Teatro, Quico Cadaval, Carlos Casares...