O CDG inicia cunha edición en DVD e CD unha programación estable de teatro infantil

Zume de teatro

“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” supuxo un punto de inflexión para Centro Dramático Galego. Coa montaxe da obra de Casares supuxo saldar unha débeda co público infantil, ademais de abrir unha nova vía. A obra resultou ser un éxito (tivo 16.300 asistentes) e a institución decidiu publicar un DVD e un CD coa que inaugura a colección audiovisual do centro. Ademais, o CDG creará un foro de opinión teatral dirixido aos mestres e alumnos do país que será paralelo a cada produción infantil que leve a cabo a institución. De feito, a intención manifestada polo director cando presentou a montaxe é que o CDG creará unha obra infantil cada dous anos.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do IGAEM