O CDG estrea en Ferrol unha obra para nenos unha semana despois de presentar a súa última produción

Agora para nenos

7/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Centro Dramático Galego saldou unha débeda co teatro infantil con “As laranxas mais laranxas de todas as laranxas”. Nesa liña continúa a nova directora, Ánxeles Cuña, que presenta esta semana unha montaxe para nenos. Chámase “A cabana de Babaiagá”, estará dirixida por Paula Carballeira e estréase mañá no Torrente Ballester de Ferrol. A obra chega unha semana despois de que o Centro Dramático Galego inaugurase en Santiago “Illa Reunión”, a primeira montaxe que levou a Ana Vallés ao teatro público e que se pode ver no Salón Teatro.

Máis información no Diario de Ferrol e sobre o CDG na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Centro Dramático Galego, Paula Carballeira, Ana Vallés...