O CDG estrea a súa primeira obra infantil co compromiso de facer unha cada bienio

O teatro vólvese laranxa

22/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Centro Dramático Galego saldará hoxe a súa débeda co público infantil. Faino levando ao Salón Teatro de Santiago a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Pero o compromiso co público infantil non remata cando se retire a montaxe que circulará por toda Galicia, senón que se repetirá cada dous anos. Segundo anunciou o director do CDG, Manuel Guede, "o Centro ten previsto montar unha peza infantil cada dúas temporadas". De momento, para esta montaxe xa está confirmada a asistencia de cinco mil nenos de primaria e secundaria.

Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Manuel Guede, Carlos Casares, Secundaria...