Un día na vida dos Tyrone (video)

O Centro Dramático Galego achégase por primeira vez á dramática americana

20/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculospoliticas culturaisteatro
22 lecturas | Compartido 0 veces

“Non se podería ter feito unha montaxe así se non houbera o elenco acaído para facelo. E pagaba a pena ter esperado” explica Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego (CDG) sobre a montaxe que a unidade de produción teatral de Agadic estreará este sábado (Salón Teatro, 21:00 horas). Unha obra do premio Nóbel Eugene O´Neill, Longa viaxe cara a noite que narra a crónica dun só día na vida dos Tyrone. Con ela, o CDG representa por primeira vez na súa historia unha obra da literatura americana.

A montaxe retrata os Tyron, unha familia norteamericana quebrada polas frustracións e os vicios que conta con numerosos aspectos da biografía do propio O´Neill. De feito, o seu alter ego na montaxe é Edmund (interpertado por Alberto Rolán), un mozo soñador e romántico pero enfermo de tuberculose. Os seus pais James (Gonzalo Uriarte) e Mary (Luisa Merelas) son un actor de éxito e fortuna, que pasou a súa vida de escenario en escenario sen poder formar un verdadeiro fogar e unha muller adita á morfina. O elenco complétase con Marcos Viéitez, que fai de Jamie, o fillo maior.

Esta montaxe estará en cartel ata o 9 de abril no Salón Teatro desde onde iniciará a súa xira por diferentes escenarios de Galicia e de Portugal.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Teatro, Manuel Guede, Salón Teatro...