Manuel Guede estrea 'Calígula' en Portugal coa Companhia de Teatro de Braga

O director galego pon por vez primeira a unha muller como protagonista da obra de Camus

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Manuel Guede estrea 'Calígula' en Portugal coa Companhia de Teatro de Braga

Vinte anos despois de ter levado a escena co Centro Dramático Galego a obra de Albert Camus, Calígula, o director Manuel Guede Oliva volve a poñerse á fronte da súa produción coa Companhia de Teatro de Braga. A estrea no país veciño terá lugar os días 22 e 23 de decembro, no Theatro Circo de Braga, pero este venres haberá unha pre-estrea en Barcelos no Theatro Gil Vicente. Guede foi director do Centro Dramático Galego dende 1991 ata 2005, cargo ao que regresou en 2012 ata 2015. No ano 2000 dirixiu na compañía pública galega unha produción de Calígula protagonizada por Antonio Durán Morris. Con esta nova volta a esta peza fundamental da literatura dramática contemporánea coa compañía lusa, Guede Oliva dá ese papel por vez primeira a unha muller, a actriz Solange Sá, á fronte dun elenco de trece intérpretes. Tras estas representacións a obra volverá aos escenarios no ano 2021.O director galego é tamén responsable da tradución da obra, xunto con Silvia Brito.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando a fronteira era puro teatro

Cando a fronteira era puro teatro

O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga estrearán no festival de Almagro a primeira obra de teatro en galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Braga, Teatro, Manuel Guede, Centro Dramático Galego...